
O SALNÉS>
O temporal do martes non conseguiu danar as uvas, polo que as adegas de Rías Baixas comezarán mañá mesmo o groso da vendima. O temor de que as chuvias e o vento estragaron os acios pasou, e nas comprobacións realizadas onte os técnicos de campo constataron que os froitos manteñen en xeral un estado sanitario óptico, co que se manteñen as previsións dunha colleita excelente en calidade en cantidade.
Onte e hoxe os técnicos das adegas dedicáronse a comprobar os efectos da auga que caeu nos últimos días, e aínda que si hai un número reducido de parcelas no Salnés que presentan focos de botrite, o estado en xeral da uva é moi bo. Dos mellores, incluso, dos últimos catro anos.
As precipitacións non afectaron demasiado á gradación das uvas, polo que a xornada de descanso de hoxe lle vai vir perfecta para recuperar niveis óptimos, de en torno ós 12 graos ou superiores; equilibrándose tamén coa acidez.
Vendima que se proxecta alongada no tempo. No caso da Cooperativa Vitivinícola Arousa de entre 8 e 10 días. Tempo nos que os socios recollerán máis de dous millóns de quilos de uva nas 1.800 parcelas que cultiva. Case a metade recollerase só nesta fin de semana. Tamén en Condes planean alongar a colleita ata practicamente finais de mes.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/17/vendima170915.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/17/VENDIMA_COOPERATIVAS.mp4{/flowplayer}








