Susto na Igrexa de San Bartolomeu

Pontevedra> Grans susto os que se levaron onte na Igrexa de San Bartolomeu cando un home de 46 anos causou numerosos estragos no interior desta igrexa. Os danos, segundo o párroco, son incalculables, xa que foron danadas imaxes moi antigas. O detido confesou ser o autor das desfeitas e foi trasladado á comisaría local e posto a disposición xudicial.

Gran susto os que se levaron no mediodía de onte o párroco e varios cidadáns que se atopaban no interior da igresa de San Bartomolé en Pontevedra, cando un home duns 46 anos entrou neste punto da cidade de xeito violento e tirando ao chan todo que atopou ao seu paso.

Os veciños que se atopaban no interior chegaron a pasar medo porque se puxo moi violento.

Grazas a un veciños puideron retelo e os danos non chegaron a máis.

Agora o que piden é que se faga xustiza.

O detido recoñeceu os feitos e dixo que o fixera porque Deus o enviara para axudar aos pobres porque a Igrexa gasta moito diñeiro… este home foi trasladado á comisaria local e posto a disposición xudicial.