Poio oferta un gran número de escolas deportivas

POIO>Aberto o prazo de inscrición en Poio para as escolas deportivas para os pequenos, mozos, adultos e xubililados do concello. Decenas de actividades se ofertan dende este concello para que os veciños da zona poidan desfrutar do seu tempo libre á vez que practican actividades deportivas a prezos moi económicos. 

 

Os pequenos e mozos do concello de Poio teñen dende xa aberto o seu prazo de incripción para as escolas deportivas, decenas de actividades entre as que se atopa o fútbol, o fúltbol sala, o triatlón, o balonmán, o baloncesto, a ximnasia rítima, piragüísmo, altetismo, ciclismo, taekwondo, ludodeporte, baile, xadrez, vela, kick boxing, patinaxe e deportes tradicionais. 

Dende o concello agardan poder executar e levar a cabo cada unha destas actividades para iso necesitan un mínimo de inscritos en cada unha delas. Actividades que tamén ofertan para xubilados con actividades físicas na auga e para adultos, con kickboxing, zumba, pilates, fitness e fútbol feminino. 

Actividades que comezarán, a súa meirande parte,  a súa andaina neste curso escolar nesta primeira semana de outubro na que estamos inmersos. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/03/escolas_deportivas_poio_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/03/escolas_deportivas_poio.mp4{/flowplayer}