O PP de Poio critica a ‘parálise total’ dos 100 primeiros días do goberno

POIO> O Partido Popular de Poio volve criticar a xestión do bipartito. En rolda de prensa, os populares valoraron os primeiros 100 días do executivo neste mandato, un tempo que, aseguraron, ven marcado pola inactividade. A oposición recordou tamén que a maior parte deste equipo de goberno leva 7.400 días dirixindo Poio.

 

 

Parálise total. Así resumen os concelleiros do Partido Popular os primeiros 100 días de goberno do bipartito en Poio. Dende a oposición acusan ao executivo de monotonía dende que gañaron na última cita coas urnas.

Os populares fixeron fincapé en que o 80% do equipo actual de goberno cumpriu xa 7.400 días xestionando o concello de Poio. Por iso, reprochan que non se avanzara en actuacións como a construción da depuradora, dun novo pavillón, nas beirarrúas en Campelo, ou na redacción dun PXOM.

Dende o Partido Popular tamén criticaron a relevancia dos tres concelleiros socialistas no goberno trala súa asociación co BNG. Apuntan a que o PSOE contou co apoio do 15% dos veciños nas últimas eleccións, pero que agora os gastos dos seus edís supoñen o 45% do custo do executivo local.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/21/pp_poio.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/21/pp_poio.mp4{/flowplayer}