Vilanova homenaxea o mestre Pepe Fernández

    VILANOVA> Esta fin de semana, Vilanova homenaxeou a un veciño moi especial. Alumnos, ex alumnos e vilanoveses organizaron unha sorpresa na honra dun dos mestres máis queridos do concello, Pepe Fernández, que este curso despediuse da docencia despois de 36 anos na profesión.

     

    Dende o colexio Xulio Camba, primeiro, e no instituto de A Basella, despois, foron moitas as xeracións que pasaron polas aulas de Pepe Fernández. O popular profesor xubilouse este ano despois de 36 anos ligado á docencia en Vilanova.

    Alumnos, ex alumnos, pais e compañeiros rendéronlle unha homenaxe formando un camiño honorífico para o profesor entre o instituto A Basella e o Xulio Camba. Durante case catro décadas, Pepe Fernández traspasou as paredes das aulas cos seus alumnos, volcándose en axudar aos que o necesitaron.

    O sábado, centenares de vilanoveses reuníronse para homenaxealo por sorpresa e despedilo dunha profesión que, segundo aseguraron, o vai botar de menos. Pero no que si insistiron foi en que Pepe Fernández seguirá sendo un veciño exemplar e vilanovés de adopción.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/21/homenaxe_mestre_vilanova.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/21/homenaxe_mestre_vilanova.mp4{/flowplayer}