A Ruta do Viño Rías Baixas analiza nuns seminarios o futuro do enoturismo

RÍAS BAIXAS> A Ruta do Viño Rías Baixas non se detén polo coronavirus. A Asociación puxe en marcha dous seminarios de formación online para os profesionais do sector. Nestas actividades estase a analiza-la nova ralidade á que se enfronta o sector por mor da crise sanitaria. Un dos asuntos que máis preocupa son as medidas hixiénicas e de seguridade que haberá que aplicar unha vez se retome a actividade enoturísca.

A crise do coronavirus pon contra as cordas o futuro do enoturismo. Para analiza-los desafíos ós que se enfronta o sector, a Ruta do Viño Rías Baixas decidiu impulsar dous seminarios de formación online. A iniciativa busca facilita-la adaptación dos establecementos ó escenario actual.  Nestas accións, a asociación conta coa colaboración da Wine Tourism School e de numeros expertos.

A primeira das charlas celebrouse xa este luns, centrada nos posibles escenarios que se poden dar no futturo e como vai afectar esta situación ós establecementos enoturísticos.  A outra das confrencias, terá lugar o vindeiro xoves.  Servirá para poñer sobre a mesa as medidas necesarias no ámbito hixiénico de seguridade para que apliquen as adegas unha vez poidan retoma-la súa actividade enoturística.

Para a Ruta do Viño Rías Baixas, estas iniciativas son esenciais no actual contexto para tentar achegar información de utilidade, nun momento de enorme incerteza non só para o enoturismo, senón tamén para todo o sector do viño.

Sobre o que está por vir, a organización agarda unha paulatina reactivación do enoturismo. Na Ruta do Viño traballan pensando en que a súa actividade se poida retomar este mesmo verán, coas restricións e medidas pertinentes para garanti-la seguridade de todos.

A reactivación do enoturismo dependerá da evolución da pandemia do coronavirus. En especial, da fin das restricións de movemento entre provincias, xa que estamos a falar dun sector que depende, e moito, do público chegado doutras comunidades autónomas do territorio español.