MEAÑO>
A paisaxe, a amabilidade da xente e a calidade dos servizos ofrecidos. Estas son as características que máis valoraron os turoperadores de Alemania, Canadá, Israel e México que desde o pasado xoves percorreron a comarca do Salnés da man da Mancomunidade. Esta mañá intercambiaban as súas impresións con representantes dos municipios e asociacións de hostaleiros e comerciantes da comarca. Un encontro no que saíron tamén cuestións a mellorar. As principais: as comunicacións, e sobre todo, os idiomas.
A riqueza paisaxística, as peculiaridades que definen ós nosos sectores marisqueiro e vinícola, a gastronomía, a calidade dos servizos turísticos e a amabilidade das xentes do Salnés. Todo isto foi o que cautivou ós turoperadores internacionais que estes días estiveron percorrendo a comarca da man da Mancomunidade. Chegados de Alemania, México, Israel e Canadá, a meirande parte destes profesionais traballan para axencias turísticas con clientes dun elevado poder adquisitivo que buscan experiencias novidosas nas que se combine lecer, deporte e boa comida. E aquí atopárono.
Estes turoperadores chegan ó Salnés como parte do primeiro Fam-Trip, ou viaxes de familiarización, que a Mancomunidade vai promover este mes grazas a un convenio asinado coa Axencia de Turismo da Xunta.
Trátase de dar a coñecer esta terra para atraer fluxos de turistas internacionais. Porque como os propios profesionais admiten, non oíran do Salnés at achegar aquí, e descubriron un entorno, coman o caso dos israelís, que pode xerar moito atractivo para estes turistas.
Para pechar a viaxe, esta mañá turoperadores e Mancomunidade reuníronse con responsables de turismo dos concellos do Salnés, de asociacións de empresarios e hostaleiros para intercambiar impresións e saber en que mellorar. Entre esas materias pendentes: os idiomas e, en menor medida, as comunicacións.
Este non será o único grupo de profesionais estranxeiros que se achegarán este mes a coñecer o Salnés. Xa están programadas as visitas de turoperadores rusos e do Reino Unido.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/21/turoperadoress.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/21/TUROPERADORES_SALNES.mp4{/flowplayer}