A oficina de Turismo de Noia recibiu máis de catro mil visitas este verán

    NOIA> A oficina de turismo de Noia recibiu máis de catro mil visitas durante os pasados meses de xullo e agosto. Os datos, que foron facilitados pola concellería de Turismo evidencian que boa parte dese total de visitantes, máis de tres mil, procedían de diferentes comunidades autónomas españolas como é o caso de Madrid, Cataluña, País Vasco ou Andalucia, mentres que unhas 726 persoas, chegaron de países estranxeiros como Francia, Alemaña ou Italia. O concello noiés puido dispor de persoal técnico especializado nesta oficina grazas a unha subvención da Deputación Provincial da Coruña e tamén cunha aprortación procedente de fondos propios. A edil responsable desta área, Marisol Villar, destacou a alta cifra de visitantes que pasaron pola Oficina de Turismo de Noia durante o verán, afirmando que dende o concello se continuará a impulsar o departamento de Turismo ó longo do vindeiro ano, ó considerar a promoción turística coma unha prioridade da súa acción de goberno.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí