POBRA> O porto da Pobra do Caramiñal vén de ser recoñecido pola Unión Europea co certificado de Bronce no sistema de xestión ambiental, EMAS, que leva instaurado neste peirao dende hai máis de oito anos, premiando así o compromiso dos seus usuarios co medio ambiente. Dende o ano 2004 Portos de Galicia traballa para demostrar como a implantación dun sistema comunitario de xestión e auditoría medioambiental, como é o caso do EMAS, pode mellorar o medio ambiente nun porto no que conviven tres actividades, a pesqueira, a comercial e a deportiva. Dase a circunstancia de que o porto pobrense foi pioneiro na implantación deste sistema en toda España.
Inicio A Pobra