Rianxo acometerá a segunda fase das vivendas socias con fondos provinciais

RIANXO> O concello de Rianxo avanza na mellora das súas instalacións públicas. Nos próximos días, está prevista a sinatura do contrato para dotar dun ascensor á Clínica Vella así como o acondicionamento da segunda fase das vivendas dos mestres.

O Plan Único da Deputación da Coruña permitirá ó concello de Rianxo mellora a accesibilidade das dependencias da clínica vella coa instalación dun ascensor.

Non é a única obra que se vai acometer proximamente con fondos provinciais. O alcalde informou que está tamén a piques de materializarse o acondicionamento da segunda fase das vivendas dos mestres.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí