Rías Baixas ultima unha das mellores vendimas da historia da D.O.

    SALNÉS> A vendima xa case está rematada nas Rías Baixas. Entre esta semana e comezos da que ven, está previsto que toda a uva estea nas adegas preparada para dar forma aos viños deste ano. A colleita, ademais, promete: a día de hoxe recolléronse máis de 31 millóns de kg de uva, toda con niveis de alcohol e acidez e estado sanitario óptimo que fan que o sector teña moi boas perspectivas.

    As adegas de Rías Baixas están a piques de despedir a vendima por este 2015. A día de hoxe, o Consello Regulador manexa os 31 millóns de quilos de uva como cifra oficial.

    Unha colleita que, ademais, promete. O tempo axudou, sobre todo os meses de xuño e xullo, e a uva chegou a setembro nun momento óptimo de maduración. Tamén con bos parámetros.

    Estanse a cumprir as expectativas. Os 31 millóns de quilos recollidos ata o de agora sitúan esta vendima como a máis abondosa dende o 2011, cando foron 42 millóns de quilos de uva os que entraron nas adegas. A cantidade deste ano é suficiente para abastecer os mercados de viño da DO Rías Baixas.

    Polo de momento, o sector vitivinícola está a piques de pechar a que xa se considera como unha das mellores vendimas da historia da Denominación de Orixe.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/28/vendima_rias_baixas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/28/vendima_rias_baixas.mp4{/flowplayer}

     

    Comments are closed.