RIBEIRA> O alcalde, Luís Pérez Barral, informou do inicio das obras de construción dunha senda peonil que conectará a Avenida da Coruña co Paseo Marítimo de Coroso, bordeando o regato das Saiñas.
O proxecto ten un presuposto duns 151 mil euros e está integrado no marco da estratexia DUSI cofinanciado nun 80% con fondos FEDER.
Segundo informaron dende o Concello, a nova senda será de acceso exclusivo para peóns e ciclistas, e contará con mobiliario urbano.
Terá unha lonxitude duns 300 metros aproximadamente e virá a por en valor o regato e o seu entorno natural coa incorporación tamén dunha nova pasarela de madeira.











