Mañá comezan as obras na Praza da Verdura de Vilagarcía

    VILAGARCÍA> Mañá comezan previsiblemente as obras na praza da Verdura de Vilagarcía e, tras varios días de negociacións, as vendedoras resígnanse ante o seu cambio de localización. Todo, din, por un ben maior, o arranxo das instalacións nas que agora mesmo se atopan coa maior celeridade posible.

     

    Hoxe martes as praceiras aínda puideron establecerse dentro do edificio que adoita acollelas, pero será a partir do sábado cando os seus postos pasen ao exterior da Praza da Abastos, á beira do río Con.

    Tralas diferenzas que amosaron os distintos colectivos que alí se atopan en semanas anteriores, a día de hoxe parece que todos aceptan con maior ou menor resignación a decisión tomada; aínda que moitas xa se preocupan da influencia negativa do mal tempo nas súas vendas agora que están fóra da praza.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/06/praceiras_vilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/06/praceiras_vilagarcia.mp4{/flowplayer}