Falece un dos feridos no accidente de Curro

[

 

 

PONTEVEDRA> Trátase de José Manuel Luna, veciño da parroquia vilanovesa de Baión de 45 anos. Era o copiloto do Mitsubishi Montero e o que resultado ferido de maior gravidade ó levar no seu lado do coche o groso do impacto. Despois de ter que ser excarcerado polos bombeiros e proceder ó seu traslado ó hospital de Montecelo, agora transcendeu que ó parecer a vítíma xa ingresou cadáver no centro médico. A condutora do vehículo, e esposa do falecido, de 40 anos, continúa ingresada en estado grave.

 

O sinistro aconteceu na noite do domingo, cando, por causas que se están a investigar, un vehículo marca Nissan Qashqai colidiu frontolateralmente co Mitsubishi na estrada de Pontevedra a Vilagarcía, á altura do restaurante El Abuelo Pintos. Ademais dos ocupantes do todoterreo, tamén resultaron feridos os tres pasaxeiros do Qashqai, dous homes de 32 e 19 anos e unha muller de 31. Segundo as últimas informacións, un deles xa recibiu a alta médica mentres que os outros dous permanecían onte na UCI de Montecelo.