Os técnicos do Areeiro cren que hai un problema de solo na carballeira

    tomamostrascarballeiraribadumia_100_070207.jpgRIBADUMIA > A estación Fitopatolóxica do Areeiro non poderá dar a coñecer ata dentro duns 20 días o diagnóstico

    … e tratamento para as árbores danadas da carballeira de Ribadumia. Os técnicos do servicio agrario da Deputación de Pontevedra recolleron hoxe mostras no parque e desconfían que poida ser un problema de raíz.

    tomamostrascarballeiraribadumia_200_070207.jpgTal como anunciara a pasada semana o Concello, esta mañá achegáronse ata a Carballeira de Ribadumia dous técnicos da estación Fitopatolóxica do Areeiro para estudar a situación de varios árbores que están a secar e ver si se debe a algunha enfermidade. Polo de pronto sospeitan que poida ser un problema do solo, por iso recolleron mostras do terreo no que se asentan as raíces dos carballos.

    Os resultados non se coñecerán ata dentro duns vinte días, un mes como moito, segundo indicaron os técnicos. De momento só hai uns cinco carballos afectados e non descartan que se poida estender, en caso de que se confirme que é un problema de raíz.

    O Concello detectou hai uns 10 días a presencia de árbores secas nesta carballeira e xa a pasada semana se puxo en contacto coa Dirección Xeral de Montes da Consellería de Medio Rural e co Servizo Agrario da Deputación de Pontevedra para que fixeran unha visita de campo. Salomé Peña lembra que este entorno natural é moi utilizado polos veciños.

    Redacción Salnés