O miradoiro da Magdalena contará cun novo pavimento de formigón

    BOIRO> O concello de Boiro acometerá unha segunda fase no miradoiro da Magdalena coa pavimentación da área de lecer. A actuación suporá un investimento de trinta mil euros, dos que a Deputación achegará a metade. O obxectivo do concello con esta actuación é substituír a actual superficie de zahorra por un pavimento de formigón. As obras que se iniciarán de contado suporán un custo de trinta mil euros, cofinanciado pola Deputación e ó concello. Con esta segunda fase darase por finalizada a construción do miradoiro da Magdalena, que xurdiu a raíz da necesidade de mellorar a seguridade viaria na estrada comarcal así como a comunicación interna destes núcleos.