BOIRO> O PP decidiu presentar varias alegacións á modificación da ordenanza reguladora do Imposto de Bens Inmobles, aprobada inicialmente o pasado mes de agosto, que provocou deixar de ter o coeficiente máis baixo por este imposto a pasar a aplicar o 0’5% en urbano e o 0’45% en rústica.
Os populares seguen insistindo en que a pesar de que o equipo de goberno diga o contrario, a situación económica do Concello é mala, debido, principalmente, á súa nefasta xestión.
Dende o PP din recoller tamén o malestar da veciñanza que lle traslada a necesidade de facer algo para evitar esta suba desproporcionada.