O PP repasa os investimos doutras administracións no Barbanza

    RIBEIRA> Representantes do PP nas distintas administracións mantiveron unha xuntanza de traballo para dar conta dos investimentos realizados na comarca do Barbanza. Ademais das obras acometidas, deron conta do importante labor realizado polas distintas cámaras no eido lexislativo. No ecuador da lexislatura autonómica, os deputados autonómicos do PP no Parlamento fan un balance moi satisfactorio do labor parlamentario cun total de vinte e oito leis aprobadas entre as que destacan a lei de garantías sanitarias ou a de inclusión social, entre outras. Ademais dos acordos lexislativos, a deputada Herminia Pouso, referiuse a outros temas de gran transcendencia social abordados na comisión de economía, da que forma parte, que axudaron a colectivos afectados como os emigrantes retornados ou os titulares de preferentes. No apartado de investimentos reais, son moitas as actuacións desenvolvidas pola Xunta na comarca nestes dous anos e medio. Algunhas en execución como a lonxa e a depuradora de Ribeira e outras xa en servizo como a ampliación da gardería e a construción do matadorio comarcal. Tamén en Muros Noia desenvolvéronse importantes infraestruturas coa variante noiesa á cabeza. Os orzamentos para o presente exercicio inclúen tamén importantes partidas para dinamizar a bisbarra mellorando a competitividade dos seus sectores produtivos. O senador Xosé Luís Torres Colomer fixo un repaso da actividade da cámara alta coa melloa de normas de gran calado para Galicia como a reforma da lei de Pesca marítima. Referiuse tamén a destacados investimentos por parte do goberno central que suporán un pulo para a comarca como a circunvalación de Padrónou a rexeneración das Xunqueiras na Pobra. Referiuse tamén a outro proxecto que pronto será unha realidade como a nova comisaría da policía de Ribeira. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/19/balanceppinvestimentosbarbanza1901151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/19/balanceppinvestimentosbarbanza190115.mp4{/flowplayer}