Campelo repartirá máis de 3.000 litros de cervexa e 2.000 de carne no seu Oktober

POIO> Alemaña aprópiase esta fin de semana de Campelo. O lugar poiense celebrará a terceira edición do seu Oktober Festival, no que non faltarán a cervexa e as salchichas tan típicas da gastronomía do país xermano. A programación inclúe dúas novidades: na mañá do domingo celebrarase a quinta ruta BTT Campelo-Monte Castrove; pola tarde, seguirá a festa, aumentando nun día a duración do Festival.

Campelo traerá un cacho de Alemaña ata Poio. Os días 9, 10 e 11 o lugar celebra a terceira edición do Oktober Festival.

Aproveitando a ponte festiva do luns, este ano a festa prolongarase un día e a carpa manterase tamén o domingo. Nas tres xornadas a Asociación Deportiva Cultural de Capelo agarda recadar fondos suficientes para sufragar as súas actividades. As previsións son máis que optimistas.

Cervexa, comida e música non faltarán a esta cita, que cada ano consegue atraer a máis público.

O día forte será o sábado. A carpa permanecerá aberta dende o mediodía as tres da tarde, para volver abrir ás 7 ata as 3 da madrugada. A organización habilitará un autobús dende Pontevedra que con saída da Praza de España estará circulando ata o peche.

Outra das novidades chegará o domingo pola mañá. O programa prevé a celebración da V Ruta BTT Campelo-Monte Castrove, unha carreira de 40 quilómetros organizada por Os Bicivoadores.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/07/oktoberfest.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/07/oktoberfest.mp4{/flowplayer}