“Comeza un periodo interesante no goberno” e no que Ciudadanos fará unha “oposición construtiva”

PONTEVEDRA> Ciudadanos tamén quixo facer balance dos resultados obtidos nas eleccións locais. Goyo Revenga mostrouse orgulloso de manter o único concelleiro que tiña o seu partido na corporación municipal e está convencido de que fará unha oposición construtiva e leal a Pontevedra.

Esta é a valoración que fai o portavoz de Ciudadanos de Pontevedra dos resultados electorais. Goyo Revenga está contento aínda que asegura que a súa agrupación sufriu o “voto útil” do Partido Popular.

Goyo Revenga cre que a política local entra agora nun período moi interesante no que, segundo el, o BNG está en mans do Partido Socialista.

A agrupación municipal asegura que quere o mellor para Pontevedra, e por iso, adiantan que farán unha oposición construtiva.

Goyo Revenga adiantou que o partido analizará nos vindeiros días as súas opcións e determinará unha estratexia nacional con respecto á investidura do día 15.