A socialista Chelo Besada dimite como concelleira en Poio por motivos ‘persoais e familiares’

POIO> A socialista Chelo Besada dimite como edil no concello de Poio. Asegura que a decisión se debe a motivos persoais e familiares. Despois dunha andaina que comezou coa súa candidatura en 1995, a socialista deixa a súa carreira política dando paso á renovación do partido en Poio.

O seu lugar estará ocupado polo secretario xeral local, Julio Casás, que contará cunha dedicación parcial no goberno.

Tras acadar a idade de xubilación, Besada decidiu dar un paso ao lado. No acto desta mañá, a socialista estivo arroupada polo seu compañeiro de corporación, Gregorio Agís, e o secretario xeral provincial, David Regades.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí