PONTEVEDRA> O Banco de Alimentos busca voluntarios para a súa Gran Recollida na provincia de Pontevedra. Segundo os seus cálculos, son necesarias ao redor de 500 persoas para levar adiante este campaña, que se desenvolverá o días 22 e 23 de novembro. Dende a Fundación Provincial alertan da necesidade de incrementar as súas reservas para poder seguir atendendo ás preto de 5.000 persoas usuarias. O obxectivo para este ano: recadar 325.000 quilos de comida.
O Banco de Alimentos da Provincia de Pontevedra busca 500 persoas dispostas a doar parte dunha das posesións máis prezadas: o seu tempo. A ONG precisa de voluntarios para poder desenvolver a Gran Recollida de Alimentos os días 22 e 23 de novembro.
Esta campaña é a máis importante do ano. Todo un balón de osíxeno que axuda á Fundación a volver a encher uns estantes que chegan baleiros a esta época do ano.
O seu obxectivo para este 2024: recadar 325.000 quilos de comida. Esta contía permitiralles afrontar a atención das case 5.000 persoas que precisan recorrer a eles a través das diferentes ONGs coas que traballan.
Leite, cacao, galletas ou conservas son algúns dos alimentos máis necesarios para que o Banco poida cubrir as necesidades dos seus usuarios.
Este ano, a Gran Recollida volverá contar coa colaboración da Brilat en cuestións loxísticas. Ademais, o alumnado de máis de 40 colexios e institutos repetirán nos diferentes supermercados para atender ás persoas que queiran doar. Un corpo de voluntarios aos que este ano se incorporan axentes na reserva da Subdelegación Acción Social da Garda Civil da Comandancia de Pontevedra.