O goberno confía en que os cambios no proxecto non demoren a reforma do Cine Elma

    POBRA> A mellora da accesibilidade na reforma do cine Elma é o que busca o concello da Pobra que está en conversas coa Deputación para introducir cambios no proxecto. Entre as modificacións a incluír destaca un acceso ó escenario para persoas con mobilidade reducida posto que na actualidade tan só se pode subir por escaleiras. Estímase que as obras de reforma do Cine Elma estarán rematadas a finais de novembro. Os prazos cumpriranse en función do avance das conversas coa Deputación da Coruña despois de que o executivo plantexase a modificación do proxecto ó detectar carencias en materia de accesibilidade. A actuación que xa está en marcha tampouco contempla as conexións ás redes eléctricas e de auga. O concello tenta que a administración provincial asuma estes custos, moi elevados para as arcas municipais. Unha vez introducidas estas modificacións, o executivo tentará axilizar a obra o máximo posible para a súa posta en marcha antes de que remate o ano.