O BNG denuncia atrasos nas urxencias do Hospital do Salnés

    SALNÉS> Os problemas coas demoras nos servizos sanitarios de urxencia non se rexistran só no Barbanza. A comarca do Salnés tamén sufre retrasos nun sistema colapsado pola falta de persoal como así o denuncian partidos como o Bloque Nacionalista Galego.

     

    Dende o BNG aseguran que o ratio entre persoal e pacientes do Hospital do Salnés é máis baixo que a media do SERGAS que, en palabras de Montserrat Prado, xa non é moi alta.

    A deputada denuncia tamén o peche da terceira planta do Hospital que deixa sen trinta camas a un centro que só ten un total de 100. Asegura que habendo camas libres que non se están a utilizar os enfermos de coidados paliativos e as mulleres que acaban de dar a luz teñen que estar en habitacións compartidas.

    Os representantes do partido en Concellos como Vilagarcía, Cambados ou O Grove esixen un mínimo de calidade e reiteran a súa petición dunha ambulancia de soporte vital avanzado para a comarca do Salnés. A máis próxima é a de Pontevedra e ten que atender tamén ás comarcas do Morrazo, a Estrada-Deza e a propia Pontevedra.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/15/urxencias_hospital_salnes.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/15/urxencias_hospital_salnes.mp4{/flowplayer}