A asociación cultural Verbas escenifica a ‘morte’ de Radio Boiro

    BOIRO> Membros da asociación cultural Verbas que, ata o momento do seu peche o pasado mes de xullo, contaban cun espazo na radio municipal de Boiro denunciaron con este acto simbólico a morte dun medio público. Acusan ó executivo de ter pechado a radio por motivos ideolóxicos e critican ó alcalde por participar en actos públicos defendendo a liberdade de expresión cando se ten silenciado a voz do pobo de Boiro. Pola súa banda, dende o goberno xa aclararon que o peche debeuse a razóns técnicas xa que a frecuencia que ata o de agora utilizaba a radio municipal foi reclamada pola empresa que ostenta a licenza para explotala comercialmente.