NOIA> O venres 25 pola tarde arrancará en Noia o Primeiro Simposio Internacional de Crime e Misterio dirixido por Luís Alamancos e coa participación de destacados expertos en criminalística, seguridade e materias relacionadas, como o ex ministro do Interior, Jaime Myor Oreja.
Este congreso dá continuidade ó curso de criminalística forense organizado este verán no marco do programa do Campus do Emprendemento e do Saber.
Este seminario espertou gran interese entre os asistentes polo que o concello volve apostar por esta temática que xa se converteu nunha tradición.
Os interesados en asistir pode reservar a súa entrada a través do correo infoinica.es ou enviando un whatsap ó 644121478.
O evento, que se desenvolverá de venres a domingo, coincide ademais coas xornadas de exaltación de berberecho. Dúas citas que, sen dúbida, atraerán a gran número de visitantes á vila en tempada baixa, contribuíndo así á desestacionalización do turismo na comarca.