Ata cinco horas de agarda en Urxencias

    BARBANZA> A falla de persoal facultativo no servizo de urxencias do hospital do Barbanza está a provocar numerosas queixas dos usuarios. O colapso rexistrado a pasada tarde no servizo de urxencias do hospital do Barbanza motivou as queixas de numerosos pacientes que presentaron a respectiva reclamación ante o Sergas. Ata catro horas de espera chegaron a estar algúns usuarios, algúns deles con doenzas graves como é o caso de Juan Carlos Lijó que tardou en ser atendido a pesar de que presentaba un profundo corte na perna causado por unha motoserra. Outros optaron por marchar e acudir ós centros de saúde dos seus concellos ó ver como se acumulaban pacientes na sala de espera. Os afectados responsabilizan desta situación ás administracións posto que os recortes estanse a traducir na falla de persoal. Pola contra, gabaron o labor das dúas facultativas que cubrían o servizo posto que traballaron a reo para prestar a mellor atención ós pacientes a pesar dos limitados recursos dos que dispoñían. Os usuarios agardan que as queixas presentadas deixen constancia do mal funcionamento dun servizo tan delicado e necesario como as urxencias para que non se repitan colapsos como o da pasada xornada.