A D.O. Rías Baixas segue apostando pola internacionalización dos seus viños

PONTEVEDRA> A D.O. Rías baixas segue apostando pola internacionalización dos seus viños en mercados como EEUU, Latinoamérica ou Asia. Esta mañá as distintas adegas que conforman a denominación de orixe reuníanse nunha mesa de traballo para analizar as accións levadas a cabo neste ano e propor novas iniciativas e mercados emerxentes.

 

 34 representantes das adegas adscritas a esta denominación de orixe conformaban a primeira hora desta mañá unha mesa de traballo co propósito de coñecer, analizar e mellorar a situación actual dos seus viños nos mercados internacionais.

Os adegueiros coñeceron os plans que o Consello Regulador ten en marcha nos 8 países destino dos viños Rías Baixas e tamén as accións puntuais que tiveron lugar noutros mercados.

Trala análise, tocou pór sobre a mesa as iniciativas que se levarán a cabo nos vindeiros meses e novas propostas de accións en mercados xa consolidados ou noutros máis descoñecidos.

A D.O. seguirá tamén coa súa campaña en EEUU. Todos os proxectos que se realizarán neste país para o 2016 serán presentados no mes de novembro.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/16/xornadas_internacionalizacion.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/16/xornadas_internacionalizacion.mp4{/flowplayer}