Lista para aprobar a compra de módulos de compostaxe da Deputación

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra xa ten lista para aprobar a compra dos módulos de compostaxe que formarán parte do seu plan de tratamento de residuos. A próxima xunta de goberno dará vía verde a esta fase do proxecto que abrirá as portas a que as empresas interesadas presenten as súas ofertas.

 

Cun orzamento de 230.000€ a Deputación de Pontevedra calcula poder comprar un mínimo de 450 módulos que crearán entre uns 75 e 100 centros de compostaxe. Cada un deles cubrirá a entre 75 e 300 persoas que non deberían ter que desprazarse máis de 200 metros para botalo lixo.

As peticións dos Concellos que demandan a instalación deses centros nas súas vilas e aldeas xa chegaron a Deputación. Son tantas as solicitudes que lles fixeron que dende a vicepresidencia aseguran que de aceptalas todas só poderían colocalos en tres ou catro concellos. Así mesmo valoran moi positivamente esa implicación e aseguran que cantas máis se solicitan máis axilizarán o proceso para facer unha segunda compra.

Onte tamén comezaba o prazo de inscrición para as bolsas de mestres composteiros que a Deputación formará nos vindeiros meses para dirixir e coordinar eses centros de compostaxe. Só dez serán os elixidos e só no primeiro día recolleron 173 solicitudes.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/16/mosquera_compostaxe.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/16/mosquera_compostaxe.mp4{/flowplayer}