Rueda visita ao PP provincial e a Valedora media entre PP e Silva

PONTEVEDRA> Unha das queixas nas que xa tivo que mediar a nova Valedora do Pobo foi a interposta polo PP provincial con motivo da maneira de gobernar a Deputación da presidenta Carmela Silva. Hoxe mesmo, o grupo popular tamén tivo a visita do seu presidente, Alfonso Rueda, co que mantiveron un encontro de traballo.

Dende que o Partido Popular se converteu na oposición dentro da Deputación de Pontevedra, os seus deputados criticaron a actitude “ditatorial” que, segundo eles, tiña a Presidenta da institución, Carmela Silva, principalmente por reducir as quendas de réplica nos plenos e deixar para as roldas de prensa dos grupos municipais un soto no edificio contiguo ao Pazo Provincial. A valedora deu a razón á presidenta no canto do funcionamento dos plenos mais ditaminou tamén que o lugar adxudicado non era o axeitado.

Desta resolución a voceira dos populares Nidia Arévalo destacou a advertencia a Silva para que o pleno sexa o máis democrático posible.

Hoxe os populares tamén recibiron a visita do seu presidente provincial, Alfonso Rueda, que mantivo con eles un encontro de traballo no que analizaron o papel do partido na Institución e os últimos pasos dados polo goberno de Carmela Silva. Rueda asegurou que o PP está a suplir co seu traballo a falta de iniciativa da coalición.

Rueda avanzou que a Xunta de Galicia tentará suplir a ausencia de axudas que sinalan teñen as asociacións e tamén espera a colaboración e implicación das Deputacións tanto na xestión dos parques de bombeiros comarcais como nas axudas aos concellos fronte aos danos ocasionados polos temporais, do que se comprometeu a pagar un 30%, o que serían uns 2 millóns de euros.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/18/rueda_pp_provincial_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/18/rueda_pp_provincial.mp4{/flowplayer}