Estudantes británicos visitan Poio nun intercambio co SEK

intercambio_sek100.jpg POIO> Son sete alumnos de 15 a 17 anos do colexio St. Dunstan’s de Londres que manteñen relación co colexio poiés desde hai uns seis anos.

{flowplayer}images/salnes/alumnos_britanicos_poio.flv{/flowplayer}

Un grupo de mozos británicos está estes días de visita en Poio. Trátase de alumnos de entre 15 e 17 anos do colexio St. Dunstan’s, ó sur de Londres, que manteñen desde hai uns seis anos unha relación de intercambio co colexio SEK Atlántico, de Poio. Nesta xornada foron recibidos polo alcalde no Concello e logo visitaron o Mosteiro de Poio.

O grupo nesta ocasión está formado só por sete alumnos, que están a convivir con familias do alumnado co colexio SEK ata este venres. Unha semana de estadía na que non só perfeccionan o seu español senón que tamén coñecen a cultura local.

A expedición británica estivo acompañada dos seus anfitrións españois, e precisamente entre eles estaban dous dos alumnos que quedaron subcampións de Galicia no Parlamento Xoven para secundaria, celebrado en Santiago a pasada fin de semana. Deuse a casualidade que o primeiro premio desta categoría tamén foi para outro grupo do SEK.

A xornada rematou cunha visita ó centro histórico de Combarro, guiada pola asociación A Solaina, dentro da colaboración que mantén co Concello para a conmemoración do corenta aniversario da declaración de Combarro como Recinto Histórico Artístico.

Redacción Salnés