A ameixa babosa acada os 50 euros no arranque de campaña en Ribeira

    RIBEIRA> Pouca ameixa aínda que de bo tamaño. Esta foron as impresións que deixou o primeiro día da campaña marisqueira en Ribeira. Unha xornada na que moitos profesionais tiveron que investir toda a mañá para acadar os dez quilos de tope. Ó redor de douscentos mariscadores iniciaron unha campaña que xa non se prevía demasiado boa. Na primeira xornada de traballo, os produtores constataron a escaseza de ameixa. Tanto, que foron moitos os que precisaron de cinco horas de traballo para acadar os topes de dez euros por tripulante. Iso si, a calidade do marisco é excepcional con ameixa babosa de moi bo tamaño que chegou a cotizar ata cincuenta euros o quilo. A máis baixa roldou os catorce con dez. En total descargáronse mil novecentos quilos cunha facturación de trinta e oito mil euros. As previsións para o que queda de campaña son bastante pesimistas posto que os mariscadores non confían en que o marisco presente nas súas concesións abonde de cara ós próximos meses. A confraría, que tralas mostraxes realizadas en meses anteriores xa auguraba este resultado, decidiu manter pechada unha zona que se abrirá para a campaña Nadal, época forte de venda na que a ameixa, especialmente a rubia, acada prezos considerables. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/19/inicio_campana_marisqueira_ribeira_1910151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/19/inicio_campana_marisqueira_ribeira_191015.mp4{/flowplayer}