Récord de asistentes ás festas de San Bartolomeu en Noia

NOIA> Éxito absoluto un ano máis nas festas de San Bartolomeu en Noia. Todo apuntaba a que a programación desta edición ía a ser un triunfo, e así foi. O xoves as actuacións da París de Noia e do grupo La edad de Oro del Pop español, encheron a Alameda e a Praza do Tapal, respectivamente. Un día despois, o venres, tocáballe a quenda a Marta Sánchez, gran estrela invitada desta festa. Durante unha hora e media de concerto, a cantante galega conseguiu encher o escenario central das festas, cantando un tras outro, os éxitos da súa dilatada traxectoria profesional. A gala musical celebrouse o sábado. Tamara, Soraya e Henry Méndez, foron os tres artistas encargados de entreter ó público. Despois das súas actuacións, o Dj Deluxe foi o encargado de por o broche de ouro na noite do sábado. Pero non foi todo música nas festas de San Bartolomeu. O domingo tivo lugar a xa tradicional festa da empanada e pola tarde celebrouse a misa e posterior procesión na honra de San Roque. Tamén houbo tempo para o desfile dos Xigantes e Cabezudos. Os fogos artificiais e a Noite de Berros, co cómico David Amor, puxeron fin os festexos, nunha noite amenizada pola orquestra Combo Dominicano.