Yolanda Díaz carga contra a Xunta por mentir na xestión do vertido de pellets

A POBRA> A vicepresidenta segunda do goberno e voceira de SUMAR desprazouse esta tarde ata a praia da Illa, na Pobra, para coñecer o traballo dos voluntarios que traballan na retirada dos pellets de plástico. Xunta coa candidata ás autonómicas, Marta Lois, criticou a xestión do vertido por parte da Xunta.

A voceira nacional de SUMAR achegouse ata a praia da Illa onde un grupo de voluntarios traballaban esta tarde na retirada dos pellets chegados nos últimos días ata a costa pobrense. Alí, Yolanda Díaz criticou a xestión por parte da Xunta ós que acusa de mentir ó igual que acontecera coa catástrofe do Prestige, a pesar das diferencias entre os dous vertidos.

A candidata de SUMAR á presidencia da Xunta cargou tamén duramente contra os responsables autonómicos polo retraso en aplicar o Plan de Continxencias contra a contaminación mariña . Marta Lois foi especialmente crítica cos conselleiros de Medio Ambiente e do Mar . Deste último mesmo chegaron a pedir a dimisión.

Fronte á deixadez do goberno autonómico, as responsables de SUMAR agradeceron o labor dos voluntarios que co seu esforzo están a suplir a falla de recursos e de dilixencia amosada polo goberno do PP