Chega a 4ª edición de PonteJam

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra presenta a nova edición de PonteJam, un encontro no que a partir da creatividade e o traballo en equipo se crearán proxectos innovadores que pretenden xerar un cambio no mundo. O evento, de carácter internacional, terá lugar o próximo sábado 31 na Casa da Luz.

 

Este ano a cuarta edición de PonteJam, a segunda que se fai con carácter público, centrarase na sustentabilidade e 25 participantes  acompañados de diversos mentores tratarán de crear servizos e plasmar as súas ideas en diversos proxectos que tentarán dar solución a dificultades ou problemas da sociedade só coa axuda da súa creatividade.

Un dia enteiro de traballo onde o que se procura por parte da organización non son tanto o número de proxectos que nacen del senón o desenvolvemento dunha competencia do mundo laboral como é a creatividade.

Este evento celebrase simultaneamente en máis de 50 países de todo o mundo o vindeiro sábado 31 de outubro e a todos se lles presentará un mesmo reto ao que atopar un sentido. Cun custe de 15€, os interesados en participar deben inscribirse na páxina web de PonteJam.

 {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/27/pontejam.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/27/pontejam.mp4{/flowplayer}