A Deputación de Pontevedra cumpre 100 días de goberno

PONTEVEDRA> A nova Deputación de Pontevedra cumpre 100 días de goberno. A súa presidenta Carmela Silva  e o vicepresidente César Mosquera fixeron balance destes máis de tres meses nun acto no que estiveron acompañados dos delegados das distintas áreas. Silva destacou a súa aposta polo cambio cara unha deputación transparente e a bo entendemento entre os dous grupos de goberno.

 

Nun acto realizado no vestíbulo da propia Deputación, Carmela Silva e César Mosquera valoraron a súa actuación nestes 100 días de goberno e fixérono apoiados polos 10 delegados de área do seu equipo.

A presidenta quixo destacar o novo modelo de institución que queren crear dende PSOE e BNG e fixo fincapé na extraordinaria relación entre os deputados de ambos partidos. Os compromisos que adquiriron o 17 de xullo: a transparencia, a igualdade e o acordo cos concellos xa se poden ver segundo as súas palabras no cambio estrutural que fomentaron na Deputación.

O novo plan de emprego, as melloras en infraestruturas dos distintos concellos e a aposta pola mobilidade e o compostaxe foron algunhas das iniciativas que puxeron en marcha nestes 100 días e que representan, en palabras do vicepresidente, por rumbo cara unha dirección diferente.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/27/balance_depu.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/27/balance_depu.mp4{/flowplayer}