PONTEVEDRA> A escena musical pontevedresa entrégase á homenaxe dun dos seus membros recentemente falecido. O vindeiro 4 de maio, medio cento de músicos da cidade participarán nun concerto homenaxe a Dany Moure. Será no paseo Rosalía de Castro, que nesa xornada encherase de blues e rock and roll.
En agosto do ano pasado, a escena musical pontevedresa despedía a un dos seus incondicionais. Dany Moure falecía aos 44 anos de xeito inesperado.
Unha pegada que os que foran os seus compañeiros queren converter nun legado. Por iso o vindeiro 4 de maio o paseo Rosalía de Castro, nas Palmeiras, encherase de blues e rock and roll.
Así celebrarán a vida de Dany Moure cunha festa aberta a todos os públicos gozando da mellor música.
Ademais de contar coa colaboración do concello de Pontevedra, a asociación sen ánimo de lucro Nothing but the Blues puxo en marcha un crowdfunding para recadar fondos para levar adiante este festival. En menos dunha semana conseguiron superar o obxectivo de 5.000 euros que se marcaran.







