VILAGARCÍA> A gardería do Hospital do Salnés non pechará. Esta mañá, a Xerencia da Área Integrada Salnés-Pontevedra e a empresa Cativos, chegaron a un acordo polo cal a firma continuará xestionando o servizo ata que outra compañía quede ao cargo. O Sergas abrirá agora un procedemento negociado para atopar unha nova empresa que xestione a gardería.
Acordo entre a Xerencia do Hospital do Salnés e a empresa encargada da gardería para evitar o peche do servizo. Tras un encontro celebrado esta mañá, a firma Cativos continuará á fronte da gardería ata que se atope outra empresa que se encargue.
Dende a Xerencia calculan que o procedemento que abrirán agora se solucionará entre 2 e 4 meses. Agora, agardan que sexa a empresa a que comunique esta medida aos pais.
Mentres se celebraba este encontro entre a Xerencia e Cativos, os pais dos 13 nenos usuarios da gardería se concentraban diante do Hospital do Salnés, apoiados por decenas de traballadores.
Unha vez coñecido o arranxo temporal entre a empresa encargada do servizo e a xerencia, os pais reclaman unha solución a longo prazo. Tamén critican que ninguén se puxera en contacto con eles, só mediante un cartel posto na porta da gardería. Denuncian que en todo o proceso tiveron que sacar a información dos medios de comunicación.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/27/protesta_garderia_salnes.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/27/protesta_garderia_salnes.mp4{/flowplayer}