Comeza a demolición dos chalés de Dorrón

SANXENXO>

 

O concello de Sanxenxo comezou esta mañá a dar cumprimento á sentencia xudicial que obrigaba á demolición dos catro chalés en construción que se comezaron a levantar ó carón do cemiterio de Dorrón.

 

 

Conclúe así un episodio urbanístico que se remonta sete anos atrás, cando as licencias das vivendas eran anuladas xudicialmente por non cumprir a norma que obrigaba a separalas como mínimo 50 metros do camposanto. Paralizada a urbanización, no 2011 chegaba a primeira sentencia firme que obrigaba ó goberno local a facerse cargo da demolición das estruturas.

 

O concello recorreu o fallo nun intento de que fora a empresa construtora, Ferro Messego, a que se responsabilizara do derrubamento. Pero o Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra ratificouse na súa decisión, e en maio do ano pasado volvía a responsabilizar ó concello da demolición. O anterior goberno local alongou prazos ata que o pasado mes de agosto o xulgado obrigou a demolición inmediata ó novo executivo.

 

Hoxe quedou destruído o primeiro dos catro edificios. A empresa adxudicataria prevé ter rematado o traballo na próxima semana, unha actuación que supón ó concello o desembolso de preto de 42.000 euros.

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/27/DEMOLICION_CHALES_DORRON2.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/27/DEMOLICION_CHALES_DORRON.mp4{/flowplayer}