A D.O Rías Baixas márcase como obxectivo abrir novos mercados internacionais de cara ao 2018

Pontevedra> Esta mañá adegueiros e membros do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas mantiveron unha reunión para analizar a situación do mercado exterior na D.O. Dende esta entidade márcanse como obxectivo abrir novos mercados de cara ao 2018. Esta mañá o Pazo de Mugartegui acolleu a reunión co fin de analizar o posicionamento e obxectivos para levar a cabo en relación ao comercio exeterior das adegas que pertencen a Denominación de Orixe Rías Baixas. Neste ano, dende a D.O executaron planes de promoción en en oito países. De cara ao 2018 dende a D.O teñen na mente abrir novas fronteiras. Polo tanto seguirán, no vindeiro ano, unha liña continuísta barallando a opción de aumentar presenza en máis países a nivel internacional, na actualidade están en 60. Das 181 adegas que conformar a D. Rías Baixas 102 forman parte do plan de exportación. De cara ao vindeiro ano o obxectivo e continuar medrando nesta materia co fin de vender máis e con máis valor.