PONTEVEDRA> A saúde será unha das protagonistas desta fin de semana en Pontevedra. Esta mañá inaugurouse a terceira edición de Pontesán. Con máis de 40 expositores, outras tantas entidades sociosanitarias participantes e todo tipo de relatorios e actividades que se poderán visitar na Praza do Concello. Este ano, o tema central será a saúde mental.
De cando en vez é necesario que nos recorden o importante que é coidarnos. Para isto e para darnos a coñecer algunhas das ferramentas ao noso alcance naceu a feira Pontesán, en Pontevedra. Unha cita que hoxe inaugurou a súa terceira edición.
Corenta entidades participan como expositoras na carpa. Son asociacións sociosanitarias, institucións ou clubes deportivos que achegan ata Pontesán as súas propostas. Este ano a temática central do evento é a saúde mental.
Ademais dos stands haberá relatorios e actividades, dende exhibicións de petanca e de fútbol a pé ata un obradoiro de cociña saudable adaptada ás enfermedades renais. Unha programación variada para converter a Pontevedra nun referente.
A carpa do Pontesán permanecerá instalada ata o domingo 22 de maio.