Outes comparte experiencias con outras rexións europeas a través do proxecto GECO

OUTES> A casa de Cultura de Outes acolle estes días un taller das Misións de Economía Social do Proxecto ‘GECO’, no que participa o Concello con outros municipios de iguais características de Italia, Irlanda e Polonia. O taller está co-financiado polo programa COSME da Unión Europea.

A xornada de hoxe contou ademais con presentacións de experiencias locais como é o caso dos proxectos Econoia que desenvolve a confraría de pescadores ou as Cabaniñas do Bosque, unha iniciativa de turismo sostible.

O taller terá continuidade tamén mañá sábado cunha xornada aberta a toda a veciñanza que versará sobre os servizos ambientais e de conservación da biodiversidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí