O concello de Noia pide a rescisión do contrato a FCC

    NOIA> A solicitude responde ós reiterados incumprimentos por parte da empresa que se encarga do servizo de recollida de lixo. O goberno municipal de Noia considera intolerable o incumprimento reiterado do contrato da recollida do lixo. Por esta razón, piden á Mancomunidade de Municipios Serra do Barbanza a retirada da concesión a FCC para convocar un novo concurso público. A decisión de solicitar o fin da relación contratual foi adoptada en pleno por unanimidade ante o que cualifican de chantaxe por parte da empresa que, denuncian, mesmo chegou a retirar contedores e a limitar a recollida alegando avarías nos camións. Na actualidade, Serra de Barbanza ten en marcha unha auditoría para determinar o grao de incumprimento do contrato e adoptar as medidas que sexan necesarias para garantir un axeitado servizo de recollida para tódolos veciños.