O BNG demanda a posta en marcha da canceira para frear o seu deterioro

    bngcanceira_100_060509.jpgRIBEIRA> O BNG vén de denunciar novamente  a situación de abandono en que se atopa a canceira municipal.

    {flowplayer}barbanza/bngcanceira.flv{/flowplayer}

    Os nacionalistas ribeireses lembran que as obras da canceira municipal foron recepcionadas en marzo de 2006. Sen embargo, dezanove meses despois, as instalacións non entraron aínda en funcionamento e a falla de mantemento dende aquela motivou o seu progresivo deterioro.

    Non é a primeira vez que o BNG se preocupa pola situación da canceira e xa en outubro de 2007 presentara unha iniciativa que foi aprobada no pleno de xaneiro de 2008 para a posta en marcha do servizo

    Servizo necesario

    A pesar de contar con estas instalacións baldeiras, Ribeira segue a carecer dun servizo tan necesario xa que existen moitos animais abandoados polas rúas do concello. Por elo, os nacionalistas entenden que se debían ter buscado fórmulas para comezar a prestar o servizo e no caso de ser posible, darlle un novo uso ás instalacións con carácter temporal, evitando o seu deterioro.

    Nova iniciativa

    Por todos estes motivos, dende o BNG instan ó concello a corrixir as deficiencias que actualmente presentan as instalacións para poñelas en funcionamento de inmediato.

    Redacción Barbanza