O BNG de Boiro celebra mañá martes na Pousada un acto público de precampaña

BOIRO> O BNG prepara un acto público de precampaña en Boiro, nos locais da Pousada da Galiza Imaxinaria. Será mañá martes, ás oito e media da noite, e nel estarán a voceira nacional, Ana Pontón, o cabeza de lista pola Coruña, Néstor Rego, e o candidato ó Senado, Xosé Deira.

O BNG celebrará mañá martes un acto público de precampaña electoral ás oito e media da noite na Pousada da Galiza Imaxinaria, en Boiro. Nel intervirán a exdeputada Rosana Pérez, a portavoz municipal Raquel Suárez, a voceira nacional, Ana Pontón, e o cabeza de lista ó congreso pola provincia da Coruña, Néstor Rego. No acto darán a coñecer as propostas da súa formación para as xerais do vindeiro dez de novembro.

Tamén falará, Xosé Deira, que repetirá coma candidato ó Senado. Para el é un orgullo participar de novo nesta experiencia e poder acadar representación en Madrid, tanto no Congreso coma no Senado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí