RIBEIRA> Entre o o 16 e o 18 de setembro, os motores ruxirán en Ribeira grazas á concentración moteira organizada polos Reventapistóns. Agarda reunir a máis de tres mil persoas ó longo de toda a fin de semana.
Aínda que o número de participantes inscritos está limitado a 200, a organización estima que durante a fin de semana de entre o 16 e 0 18 de setembro ata 3000 motos se acheguen ata Ribeira para participar nalgunha das actividades da concentración moteira. Ademais de música e degustacións gastronómicas haberá rutas mototurísticas e exhibicións de freestyle nas que participarán destacados pilotos do ámbito nacional e internacional.
Nesta 5ª edición, a organizada polos reventapistóns converteuse xa nunha das principais concentracións de motos de toda Galicia con tres días de programación que supoñen un enorme traballo de organización. Por este motivo, dende o concello quixeron agradecer o esforzo do club para mellor cada ano esta cita con gran repercusión tamén na hostalería e no comercio local.