Os xeiteiros de Rianxo plantexan reservar a cota de sardiña para a chegada da xouba

RIANXO> Os xeiteiros de Rianxo plantexan reservar a cota de sardiña de cara ó verán ante a baixada dos prezos. A apertura da campaña do cerco motivou que o quilo da especie se pague entre un e tres euros.

A sardiña do xeito en Rianxo non supera estes días os tres euros. Prezos moi baixos condicionados pola alta cantidade de peixe no mercado posto que o cerco iniciou tamén a campaña da sardiña. Dende a confraría entenden que sería mellor preservar a cota de cara ó verán cando a captura da xouba reporta moitos máis ingresos.

A este respecto, o sector xa ten presentado alegacións ó reparto de cotas. Non entenden que a arte máis selectiva resulte a máis prexudicada cunha cota insuficiente que nin sequera asegura a supervivencia da flota do xeito.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí