Mar pasará a regular a pesca da anguía con butrón

RIANXO> A Consellería do Mar pasará a regular a pescaría de anguía con butrón , competencia que ata o de agora viña asumindo Medio Ambiente. Dende o sector entenden que o cambio será positivo posto que dotará de maior axilidade a tódolos trámites relacionados coa pescaría da anguía.

Responsables do sector pesqueiro mantiveron esta mañá un encontro na Dirección Xeral de Pesca para informarlles de que a pescaría de anguía con butrón na desembocadura do Ulla pasará a depender da Consellería do Mar e non de Medio Ambiente como ata agora.

Entenden que este cambio favorecerá a xestión da pescaría ó axilizar as tramitacións evitando a obriga de presentar informes dos que xa dispoñen na administración competente.