A. Pontón: ‘O Goberno Galego borrou ó Barbanza dos Orzamentos 2016’

    BARBANZA> Os nacionalistas denuncian a consolidación da política de recortes en ámbitos tan sensibles como o emprego, a sanidade, o saneamento e os servizos sociais. Para o BNG, o Barbanza volve a quedar esquecido nos orzamentos da Xunta para o vindeiro ano 2016, xa que non se darán resposta ás principais necesidades que presenta esta comarca. Segundo eles trátase dun documento orzamentario irreal, cunha liña continuista á de exercicios anteriores, que veñen a consolidar as políticas de recortes do goberno de Núñez Feijoo. As partidas consignadas ó Barbanza para o vindeiro ano apenas suman os cinco millóns de euros, unha cantidade irrisoria para os nacionalistas. E algún concello, como é o caso de Rianxo e a Pobra do Caramiñal, nin tan sequera aparecen. Botan en falla novamente accións concretas en materia de emprego, saneamento e servizos sociais, así como tamén unha partida específica para o hospital da Barbanza, que non recibirá un só euro. Unha vez analizados, o BNG da Barbanza estudará a presentación de emendas a estes orzamentos para que teñan sidas en conta e poder paliar así, na medida do posible, as principais carencias existentes.