O PP esixe á Deputación que informe aos alcaldes das cifras do Fondo de Cooperación

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/29/pp_cambados.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/29/pp_cambados.mp4{/flowplayer}

 

CAMBADOS> O Partido Popular esixe á Deputación de Pontevedra proxectos e cifras concretas para os concellos. A formación denuncia que, ata o de agora, só recibiron boas palabras do novo goberno provincial, que dende a investidura asegurou que traballarían do lado da administración local. Por iso esixen unha reunión urxente para coñecer os fondos dos que disporán os concellos.

Os deputados do Partido Popular esixen concreción á Deputación. Denuncian que a día de hoxe os alcaldes non teñen ningunha información dos fondos que o goberno pensa destinar aos concellos, por iso reclaman á presidenta unha reunión urxente cos rexedores.

Segundo asegurara Carmela Silva, a súa intención é pechar os orzamentos para o 2016 en decembro. Destas contas, preto de 40 millóns de euros destinaríanse  a ese Fondo de Cooperación. Cantidade que os populares ven insuficiente.

Os deputados do PP abordaron esta cuestión cos alcaldes e voceiros do partido na comarca de O Salnés. Unha área que, segundo o rexedor de Vilanova, xa se sinte abandonada pola Deputación.

Tamén criticaron que o novo goberno deixara de lado proxectos comprometidos por Rafael Louzán, e acusárono de intentar rachar co seu legado a toda costa.